XVIII Xornadas de Historia de Galiza

Galiza Nova aposta en dar a coñecer a historia do país para afortalar o nacionalismo

Ourense acolleu na fin de semana as XVIII Xornadas de Historia de Galiza, que Galiza Nova organizou centradas no nacionalismo do segundo terzo do século XX, da man de Alfredo Suárez Canal e de Francisco Jorquera. A organización xuvenil do BNG aproveitou para defender o traballo digno e na terra.

XVIII-Xornadas-de-Historia-de-Galiza

Arredor dun cento de persoas participaron nas XVIII Xornadas de Historia de Galiza organizadas por Galiza Nova en Ourense. Durante dous días, a formación xuvenil difundiu “unha parte da historia oculta do noso país”.

O secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, pon de manifesto nunha nota de imprensa a necesidade de “coñecer a historia do noso país para fortalecer o nacionalismo” como unha “ferramenta chave” para “construír o noso futuro”.

Na xornada do sábado, a organización xuvenil do sábado aproveitou para denunciar a a situación de elevado desemprego en que se atopa a mocidade galega en relación aos dados publicados pola EPA a pasada quinta feira.

Aliás, tamén tivo lugar unha palestra de Noa Presas sobre as mulleres na loita antifascista; un coloquio centrado na cuestión LGTBI e unha palestra sobre a necesidade da soberanía para Galiza como solución aos problemas da mocidade.

Comentarios