Formoso asegura que Ence "non debería estar" na ría mais que "hai que convivir con esa realidade"

O líder do PSdeG instou o Executivo galego a elaborar un "plan urxente" para o saneamento dunha ría "da que dependen millares de traballadores".
González Formoso e Luis Álvarez esta sexta feira en rolda de prensa (Foto: PSdeG).
photo_camera González Formoso e Luis Álvarez esta sexta feira en rolda de prensa (Foto: PSdeG).

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, manifestou que a fábrica de Ence "non debería estar" na ría de Pontevedra mais que "hai que convivir con esa realidade" porque o percorrido xudicial sobre a prórroga á súa concesión concluíu coa resolución do Tribunal Supremo (TS).

Esta sexta feira nunha rolda de prensa decorrida na Cámara galega, o tamén alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña asegurou que a "posición histórica" sobre a pasteira de Lourizán dos socialistas galegos mantense en que "non debería" estar na ría de Pontevedra, senón que tería que trasladarse a outro punto da comarca pontevedresa "preservando" os postos de traballo.

“Realidade innegábel”

Con todo, engadiu que a sentenza emitida a pasada terza feira polo Supremo que dá a razón á compañía de celulosa constitúe unha "realidade xudicial innegábel" que supón o final do "percorrido" para anular a prórroga concedida en 2016 polo Goberno en funcións que presidía Mariano Raxoi.

Por iso, apuntou que toca "convivir" coa "realidade" de que Ence permanecerá na ría, polo que agora é momento de "pedir" á compañía "o cumprimento" do seu plan estratéxico, a renovación dunha instalación que cualificou de "obsoleta" solicitar as "máximas" garantías ambientais.

Interpelación á Xunta

Ademais, tamén re referiu á Xunta da Galiza, á que instou a elaborar un "plan urxente" para o saneamento dunha ría "da que dependen millares de traballadores".

Comentarios