23-X

Formoso afirma que "merece a pena deixar de bailar unha peza no vermú para ir votar"

"Hoxe toca facer un chamamento a toda a sociedade para que exerza ese dereito que tanto custou ter, como é o dereito a voto, a decidir o noso futuro como sociedade", insistiu.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, exerce o seu dereito a voto nun colexio electoral das Pontes. (Foto: EP).
photo_camera O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, exerce o seu dereito a voto nun colexio electoral das Pontes. (Foto: EP).

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, fixo un chamamento á cidadanía para que dedique "15 minutos" a acudir a votar nestas eleccións xerais.

"Creo que merece a pena deixar de bailar unha peza na sesión vermú, ou un baño menos na praia, e dedicar 15 minutos a exercer o voto para que outros non decidan o noso futuro e sexamos nós os que decidamos o futuro desta sociedade", manifestou.

O líder socialista acudiu a depositar o seu voto nunha urna do colexio electoral situado no CEIP A Magdalena, na localidade das Pontes, onde é alcalde.

Alí, destacou que as condicións meteorolóxicas "son propicias" para celebrar "esta festa da democracia".

"Hoxe toca facer un chamamento a toda a sociedade para que exerza ese dereito que tanto custou ter, como é o dereito a voto, a decidir o noso futuro como sociedade", insistiu.

Por iso, Formoso dixo esperar que ao final da xornada a participación nestes comicios xerais sexa "tan relevante como o día o é e o momento histórico que é".

Comentarios