mércores 14/04/21

A FEMP pide que as comunidades transfiran aos Concellos 15% dos fondos europeos

A Federación Española de Municipios e Provincias pide que as comunidades autónomas transfiran aos concellos 15% dos 15.000 millóns que recibirán de fondos europeos, unha vez descontados os gastos sanitarios.

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) emitiu un comunicado en que recalca que a súa proposta é que as comunidades autónomas transfiran aos Concellos 15% dos 15.000 millóns que recibirán de fondos europeos, unha vez se desconten os gastos sanitarios.

Neste texto, a FEMP sinala que a súa Xunta de Goberno, decorrida o pasado 30 de marzo, aprobou unha declaración sobre a participación dos Gobernos locais na reconstrución económica e social do Estado. Reiteran que nesa Xunta de Goberno acordaron pedir a participación das entidades locais en 15% dos fondos que as comunidades autónomas recibirán da Unión Europa -Fondos REACT (8.000 millóns para gastos de Sanidade, Educación, Empresa e Política Social) e do Goberno de España (7.000 millóns para comercio, hostalaría, turismo e autónomos).

A proposta da FEMP supón pedir que as autonomías transfiran ás entidades locais, en función da súa poboación, 15% deses 15.000 millóns, unha vez descontados os gastos de Sanidade. Con ese importe, as entidades locais poderán asumir os gastos derivados de dar cobertura a ámbitos como a educación, a empresa, a hostalaría ou a economía local.

comentarios