Feixoo pediu que se permitise destinar a outros fins os fondos do Goberno ás comunidades destinados ao ensino

Foi o único presidente autonómico que fixo esa petición.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na reunión con Pedro Sánchez (Europa Press).
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na reunión con Pedro Sánchez (Europa Press).

Núñez Feixoo foi a única voz discordante na reunión do presidente do Goberno español con mandatarios autonómicos cando sobre a mesa se puxo o fondo de 2.000 millóns de euros a fondo perdido que o Executivo central destina aos territorios para facer fronte ao reto educativo.

Iso é o que aponta El País, que na crónica desa xuntanza recolle que o presidente da Xunta pediu “liberdade” para destinar eses fondos, para educación, para outras partidas diferentes.

Estes 2.000 millóns de euros terían como finalidade afrontar o novo escenario do reinicio do curso escolar en setembro nunha situación aínda marcada polas obrigas de seguridade da COVID-19.

A través das redes sociais, o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, sindicato maioritario no sector, que “só quen non ten a educación como unha preocupación fundamental pode facer unha afirmación como esa”. A seguir, Bermello, lamentou que Feixoo ‘esquecese’ pedir a fin da taxa de reposición para educación cando si o fixo para sanidade e servizos sociais.  

Comentarios