Demandan na Eurocámara unha partida finalista nos fondos da UE para o saneamento das rías galegas

A eurodeputada Ana Miranda considera que "o informe tras a visita da delegación oficial a Galiza non pode ser de trámite ", alén de considerar que hai que "evitar erros do pasado,que se priorice o accesorio en lugar do importante"

Ana Miranda
photo_camera Ana Miranda

O BNG solicitou a través da súa eurodeputada Ana Miranda que o informe final da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre o estado das Rías galegas propoña unha partida finalista dos fondos europeos que recibe o Estado español para o período 2014-2020, co obxectivo concreto de financiar as infraestruturas necesarias para completar o saneamento do litoral de Galiza

Miranda, adiantou as emendas que presentará o BNG no debate da Comisión de Peticións: "O informe deber propor unha partida finalista dos fondos europeos para saneamento, e insisto no carácter finalista da partida para evitar erros do pasado, pera evitar priorizar o accesorio en lugar do importante,  por citar un exemplo, para evitar que se constrúan paseos marítimos diante de rías que están sen sanear ou cando faltan estacións depuradoras por finalizar", argumentou.

A parlamentar explicou que ese fondo deber servir para financiar "un detallado plan de investimentos para concluír as infraestruturas de saneamento que están pendentes", un plan a elaborar polas administracións responsables, -local, autonómica e estatal-, indicou.

Recoñecemento expreso

A eurodeputada avanzou que o BNG propón que o informe final inclúa "un recoñecemento expreso ao inxente esforzo dos peticionarios da Ría de Vigo, Ferrol e O Burgo que durante anos reivindicaron o cumprimento da normativa europea en materia de augas e de saneamento, con moita máis ambición que os propios gobernos".

Comentarios