A ALE engloba un total de 46 organizacións e pobo do continente e na súa asemblea xeral participan máis de 200 representantes das distintas nacións europeas.
O BNG dálle a máxima relevancia institucional a esta cimeira ao desprazar a Polonia unha delegación liderada pola súa portavoz nacional, Ana Pontón. Completan a representación nacionalista galega a portavoz da formación soberanista perante o Parlamento europeu, Ana Miranda; o presidente da Fundación Galiza Sempre, Francisco Jorquera; ben como o presidente da fundación da ALE Centro Maurits Coppieters, Xavier Macías, e a profesora de Economía da USC, María do Carme García Negro, proposta para integrar o consello científico de aquela entidade.
Alén de tomar parte nos traballos da ALE -que se debruzará sobre cuestións como a vixencia do direito de autodeterminación en Europa, tan en boga neste momento a conta dos referendos de Escocia e Catalunya-, a delegación do BNG ten previsto manter reunións con dirixentes de diversas formacións soberanistas, desde o Scottish National Party (Ian Hudgdton), o galés Playd Cymrum (Jill Evans), ERC (Josep-Maria Terricabras) ou a Coligazón Europea dos Pobos (Josu Juaristi, de EH Bildu).