Correos abre este sábado as oficinas da Galiza e mañá domingo nas principais cidades e en Sanxenxo

Unha persoa asina a solicitude de voto por correo. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)
photo_camera Unha persoa asina a solicitude de voto por correo. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)

O dispositivo de Correos na Galiza terá un reforzo de horario nos vindeirosdías até 20 de xullo, que se completa tamén coa formalización de 1.417 contratos de apoio na Galiza para as eleccións estatais do próximo 23 de xullo.

Desta maneira, desde esta quinta feira reforzáronse os horarios con maior amplitude de xornada. Concretamente, as oficinas que xa abrían até as 21 horas e abren ás 8:30 horas, agora permanecerán operativas até as 22 horas.

Ademais, este sábado abrirán case a totalidade de oficinas de toda a Galiza, unhas 150, en horario de 9 a 14 horas. Hai que ter en conta que os despachos emprazados en lugares como centros comerciais, as cinco horas de apertura adaptaranse ao propio lugar.

En canto a mañádomingo, abrirán as oficinas principais da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. Adicionalmente, tamén o fará a do Concello de Sanxenxo, na comarca do Salnés, en horario todas elas de 9 a 14 horas.

A estes reforzos hai que sumar que este abrirán de 9 a 14 horas, esta segunda feira os seguintes concellos onde esa xornada é festiva o 17: Arzúa, Camariñas, Ponteceso, As Pontes, Salceda de Caselas e O Grove.

Correos tramita un total de 146.144 solicitudes de voto por correo para as eleccións estatais do 23 de xullo na Galiza, unha cifra que supón máis do triplo que para a repetición de comicios do 10 de novembro de 2019, cando se rexistraron 47.609.

Así, segundo os datos e en comparación co censo electoral, estas máis de 146.000 peticións de voto por correo supoñen 6,6% de todos os electores residentes no Estado que exercen o seu dereito de sufraxio activo na Galiza (2.216.483).

Comentarios