Barómetro cis xullo

A chegada de Sánchez á Moncloa sitúa o PSOE primeiro en intención de voto

O barómetro de xullo dá aos socialistas case 30% en intención de voto, mentres PP e Ciudadanos empatan a 20%. En Marea baixa a 0,7% cando en xullo de 2016 lograra 1,4%.

(Foto:PSOE)
photo_camera (Foto:PSOE)

O PSOE volve situarse de primeiro nun barómetro electoral do CIS, unha situación da que os socialistas non gozaban desde había sete anos. A chegada de Pedro Sánchez á Moncloa impulsa o PSOE, que tería case 30% en estimación de voto no barómetro de xullo. No anterior, abril, tiña 22% e nas eleccións de 2016 os socialistas atinxiron 22,7% dos votos.

O PP pasa do 24% do barómetro de abril a 20,4% no barómetro do CIS de xullo. Os populares están lonxe de 33% obtido nas eleccións xerais de 2016. Nesta eqnuisa, porén, non inflúe o efecto da elección de Pablo Casado como presidente do PP. Ciudadanos serían terceira forza, empatados co PP. Os de Rivera baixan respecto a abril (22,4%).

O espazo de Unidos Podemos e confluencias suma unha intención de voto de 15,6%, o que é catro puntos menos que a intención de voto que sumaban en abril (19,6%) e fica por baixo dos seus resultados electorais en xuño de 2016, 21,1%. No caso concreto de En Marea, tería agora –e segundo o CIS- a metade de apoios que nos comicios de 2016: 0,7% fronte a 1.4%.

ERC lograría 3,9% dos apoios (case un punto máis que en abril) e o espazo do PDEcaT pasaría de 1,7 a 1,3%. O apoio ao PNV manteríase practicamente inalterábel, un por cento, e Bildu moveríase en 0,9%

Comentarios