Causa Galiza chama a se mobilizar o 25 de xullo pola independencia

Anuncia asembleas abertas en diferentes comarcas de cara á preparación do Día da Patria.

Causa Galiza. Día da Patria Galega 2017
photo_camera Causa Galiza. Día da Patria Galega 2017

Causa Galiza fai unha convocatoria a que o 25 de Xullo a sociedde galega se mobilice pola independencia nacional.  Un chamamento que fai após a imposibilidade dunha manifestación conxunta do soberanismo sobre parámetros de “independencia” e “ruptura co Réxime do 78”. A organización anuncia unha campaña comarcal, nucleada en torno a asembleas abertas para renovar “diagnósticos e estratégia” de CG, nun proceso que abrirá as portas ao denominado  ‘Processo Trevinca’

“Causa Galiza avalia que hoje existem as condiçons objetivas e subjetivas imprescindíveis e a massa crítica necessária para levantar, com paciência e humildade, um projeto político e umha estratégia que respostem com radicalidade e vontade de coerência estratégica à grave crise nacional que enfrenta a Galiza. É neste marco construtivo que enquadramos o Dia da Pátria 2018”, afirman nun comunicado.

Comentarios