Carlos Morais demite como secretario xeral de Primeira Linha

Ocupaba o cargo desde 1998. PL informa que un grupo de militantes de zonas do sur de Galiza abandona a organización pola “imposibilidade” de lograr acordos de “unidade” nun “programa común”.

carlos_morais

Esta fin de semana Compostela acolleu a V Conferencia Nacional de Primeira Linha convocada, como recoñece o partido nun comunicado, “para abordar as diferenzas políticas sobre a concepción e funcionamento” da organización. Neste encontro Carlos Morais, secretario xeral de PL, presentou a súa demisión.

“A impossibilidade de atingir acordos que garantissem a unidade em torno de um programa comum, como imprescindível tarefa para o avanço no cumprimento dos objetivos históricos da classe trabalhadora galega, provocou o abandono da militáncia partidária por parte um grupo de militantes de diversas localidades do sul da Galiza”, infórmase no comunicado.

Por outra parte, proseguen, “e no contexto das diferenças apontadas”, Carlos Morais, membro do Comité Central, presentou a sua demisión como secretario xeral, cargo que ocupaba desde 1998. A decisión pretende “ favorecer o debate às portas de iniciarmos o processo congressual ordinário, previsto para a próxima primavera”.

Comentarios