BAIXA PARTICIPACIóN NA ESCOLLA DA SECRETARíA XERAL

Breogán Riobóo defende un Podemos con “xanelas abertas” para mudar unha “situación dramática”

Primeira comparecencia ante a imprensa de Breogán Riobóo como novo secretario xeral de Podemos. Tiroulle importancia a que na súa escolla só participase o 20% da militancia.

rioboo-crop
photo_camera rioboo-crop

Como cabeza da lista gañadora no proceso interno, o novo secretario xeral de Podemos-Galicia, Breogán Riobóo presentou na Coruña as liñas de actuación da organización e a súa dirección, os membros do Consello Cidadán Autonómico que pertencen á lista Claro que podemos que el encabezaba. 

Cun discurso no que destacou  a vontade de Podemos de se abrir e integrar na sociedade por medio de plataformas, colectivos e movementos sociais co obxectivo de construír unha sociedade máis xusta, Breogán Rioboó convidou a participar na formación co fin de transformar a realidade galega e estatal. 

20% de participación e 19.000 persoas inscritas

Destacou o crecemento de Podemos na Galiza que ronda agora as 19.000 persoas inscritas e tiroulle importancia a que só un 20% participase no proceso de elección interno do que saíu secretario xeral, unha cifra realmente baixa. Cara aos vindeiros comicios municipais, Breogán Riobóo sinalou que son as persoas inscritas en cada concello as que decidirán como concorrer ás votacións mais deixou sobre a mesa a tendencia a participar nas distintas mareas cidadás integrando “candidaturas de unidade popular”. 

O secretario xeral de Podemos na Galiza confiou en ser quen de mudar a “situación dramática” que a sociedade está a padecer debido a políticas desenvolvidas por “poderes políticos e económicos alleos á propia cidadanía”. 

Comentarios