O bipartidismo recupera folgos electorais, segundo o CIS

O último inquérito apunta un retroceso de Podemos e Ciudadanos fronte a un PP que gañaría en intención de voto. O BNG subiría unha décima. 

O CIS fixo público o que barómetro de xullo. O estudo reflicte a recuperación do bipartidismo (PP e PSOE) que gañarían en intención de voto, 16% e 17,3% respectivamente; fronte ao desinfle de Podemos (12%) e Ciudadanos (7,7%). 

En troca, o Bloque Nacionalista Galego aumentaría, segundo as predicións, unha décima a respeito dos resultados colleitados en abril pasando do 0,2% ao 0,3%. 

A respeito da estimación de voto os resultados son moi semellantes. Neste senso, PP contaría co 28,2%, tres décimas máis que no inquérito anterior e o PSOE co 24,9%. En troca, Podemos perdería unha décima (15,7%) e Ciudadanos algo máis de dúas (11,1%). 
 

O Bloque situaríase segundo o CIS no 0,7%, máis unha décima a respeito do inquérito de abril. 

Comentarios