A baixa participación marca as primarias de Podemos-Galiza: só votou o 15,7% do censo

Foi un 16% menos que as primarias que decorreron en febreiro do ano pasado. Durante a mañá, o secretario de Organización, Pablo Echenique, dará a coñecer os resultados desde Zaragoza.

Breogán Riobóo_Podemos Galiza
photo_camera Breogán Riobóo e Ángela Rodríguez, 2 das 3 persoas candidatas nestas primarias.

Un total de 3.225 inscritos votaron no proceso de primarias que desenvolve Podemos Galiza para elexir os seus novos órganos de dirección, Consello Cidadán, Consello de Garantías e o novo secretario xeral do partido. Isto supón que participaron nas votacións o 15,77% do censo, o que supón, ademais, unha queda do 16% a respeito da mobilización nas votacións das primarias que tiveron lugar vai algo máis dun ano, en febreiro de 2015.

Estaban chamados a votar 20.576 afiliados neste proceso, que se desenvolve após a disolución pola dirección estatal dos órganos de dirección de Podemos na Galiza e que afondou na crise interna que se vive neste partido no noso país. Os resultados das primarias van darse a coñecer no mediodía desta terza feira. Faráo Pablo Echenique, secretario de Organización de Podemos, e desde Zaragoza.

Pola secreataría xeral desta formación na Caliza competían o primeiro secretario xeral de Podemos Galiza, Breogán Riobóo; a deputada de 'En Marea', Ángela Rodríguez; e Carmen Santos, quen fora a máis votada para o Consello Cidadá nas primarias de 2015.

Comentarios