18-F | BARÓMETRO PARA NÓS DIARIO

Avance do barómetro de EM-Analytics (10 de febreiro): o PP perde un escano e sitúase a décimas de perder dous máis

Esta nova entrega do barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario publicarase de forma íntegra, incluíndo a repartición de votos e escanos en todas as circunscricións e mais no conxunto da Galiza, no xornal deste sábado, 10 de febreiro. Aliás, até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.
Evolución do tracking diario de EM-Analytics até o 10 de febreiro.
photo_camera Evolución do tracking diario de EM-Analytics até o 10 de febreiro.

A entrega do barómetro para as eleccións galegas do Instituto Demoscópico EM-Analytics que publica este sábado Nós Diario deixa o Partido Popular co 45,7% dos sufraxios e con 38 escanos. O PP cede nesta xornada unha acta, conseguindo 38 (só unha por riba da maioría absoluta) e situándose a décimas de perder outras dúas.

Pola súa parte, o Bloque Nacionalista Galego rexistra nesta entrega o 29% dos sufraxios e 23 escanos. O BNG alcanza as súas mellores porcentaxes de votos nas circunscricións da Coruña e Pontevedra, chegando ao 30%. 

O Partido Socialista de Galicia fica no 17% e mantense en 13 escanos. A mellor porcentaxe de voto do PSdeG rexístrase en Pontevedra, con 21%. 

Democracia Ourensá volve ao Parlamento galego nesta entrega do barómetro para as eleccións galegas do Instituto Demoscópico EM-Analytics, ao alcanzar 6,6% dos sufraxios en Ourense. Sumar, Podemos e Vox continúan sen conseguir representación no Parlamento.

Esta nova entrega do barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario publicarase de forma íntegra, incluíndo a repartición de votos e escanos en todas as circunscricións e mais no conxunto da Galiza, no xornal deste sábado, 10 de febreiro. Aliás, até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.

Ficha técnica

Universo: persoas con dereito a voto na Galiza. / Ámbito: Galiza / Cotas por escala ideolóxica, idade, sexo, renda, ocupación, territorio, formación e interese na política, segundo a distribución do censo electoral. / Tamaño da mostra: 1.400 enquisas satisfactorias. / Procedemento de recollida de información: Modelo híbrido. Entrevista online, asistida por ordenador con cuestionario intelixente estruturado CAWI. Reforzo de mostra en Lugo e Ourense con entrevistas telefónicas a fixos e móbiles, asistidas por sistema CATI. / Marxe de erro: 2,62% (N-1.400) para un grao de confianza do 95% (dous sigmas) e na hipótese de P=Q=0,5. / Duración do cuestionario: 4-5 minutos. / Datas do traballo de campo: Inicio do tracking: 1 de xaneiro. Mostra engadida: 8 e 9 de febreiro de 2024. / Número de supervisores: 3. / Responsábeis da análise: Rodrigo Panero e Miguel Díaz. / Instituto: EM-Analytics.com.

Comentarios