A deputada Ángela Rodríguez recoñece que “hai moito que debater” sobre a fórmula para concorrer nas autonómicas

Presentou 'Agora Podemos', a candidatura que encabeza nas primarias de Podemos-Galiza.

Podemos Ángela Rodríguez
photo_camera Podemos Ángela Rodríguez

A deputada de En Marea e candidata nas primarias de Podemos-Galiza, Ángela Rodríguez, recoñece que “hai moito que falar e moito que debater” sobre a fórmula na que este partido concorrerá ás eleccións galegas. Díxoo durante a presentación de 'Agora Podemos', a candidatura para o Consello cidadán galego, e que ela encabeza no proceso de primarias de Podemos. Rodríguez sinalou que “o urxente é a situación de emerxencia social” que hai na Galiza e que dar resposta a esa realidade é para o que naceu Podemos.

As primarias son un proceso do que Podemos sae reforzado, dixo, apontando a que “é positivo” que os e as inscritas teñan a palabra e a decisión sobre a organización. 'Agora Podemos' afirmou que tiña as mans tendidas para aqueles que queiran “sumar” e incidiu en que “o primeiro punto da nosa axenda é o social” e "devolver á xente a Xunta e as institucións".

A preguntas dos xornalistas, a deputada de Podemos na coligazón En Marea, dixo que na axenda desta formación non se levaba a “auto-determinación” como “urxente”. “Cremos que non estamos nese momento: o desemprego é unha prioridade, e a independencia non o é".

Comentarios