O BNG defende a paga extraordinaria "diga o que diga o señor Rajoy"

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez apela á "desobediencia civil" contra os recortes do Partido Popular.

Así de rotundo se pronunciaba esta quinta en Ourense o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, a respecto da nota informativa achegada polo Ministerio de Facenda na que aseguraban impugnar calquera acto que as corporacións municpais decidisen aprobar á fin de compensaren a redución dos salarios públicos.

Aliás, Vázquez, celebrou que cada vez máis concellos se estean a sumar á iniciativa proposta pol@s nacionalistas e emprazou a continuaren pola "senda da desobediancia civil" contra as políticas regresivas do Partido Popular, das que di, "levan ao máis absoluto desastre". O voceiro nacional do BNG, fíxose eco, na súa participación en Ourense nun reparto informativo, das declaracións do ministro de economía español, Luís de Guindos, nas que aseguraba que a actual situación económica non permitiría garantir por moito máis tempo as prestacións sociais. Segundo o nacionalista "a xente debe saber que despois das eleccións galegas haberá un novo recortazo".

Comentarios