A alcaldesa de Lugo perde a moción de confianza vinculada aos orzamentos

A proposta aprobarase automaticamente nun mes se nese período non se presenta unha moción de censura.

lara mendez
photo_camera Lara Méndez

A alcaldesa de Lugo perdeu a votación da moción de confianza que ela mesma presentara vinculada á aprobación dos orzamentos municipais. Agora  ábrese un mes de prazo para presentar unha moción de censura contra Lara Méndez. De non formalizarse, as contas serán aprobadas. A alcaldesa só tivo o apoio dos oito concelleiros do seu grupo, o PSOE. PP (9 edís), Ciudadanos (2) e ACE (1) votaron en contra mentres que BNG (2) e Lugonovo (3)– que apoiaron a súa investidura- abstivéronse.

A alcaldesa fixo un chamamento a responsabilidade e pediu o voto favorábel para o que cualificou unhas contas necesarias para a cidade.

Se no prazo dun mes a oposición non presenta a moción de censura, os orzamentos aprobaranse de xeito automático. A día de hoxe semella imposíbel pois o PP precisaría ademais do apoio de Ciudadanos o de dous concelleiros dos grupos de esquerda, que xa advertiron que non llo van dar.

Comentarios