Concluíu o referendo internético realizado por Anova arredor do acordo con Podemos e Esquerda Unida. En realidade, había dúas opcións a votación: unha, a de refrendar esta alianza; dúas, a de optar por non concorrer ás eleccións xerais.
A primeira opción obtivo o 80,68% dos votos emitidos, segundo comunica a organización. A segunda alcanzou o 10,18% dos sufraxios. En branco votou o 9,14%.
A participación rexistou un 50,1%.
Refrendo tamén na Marea
Paralelamente, o Encontro Cidadán por unha Marea Galega tamén sustanciou a súa consulta e no mesmo sentido que Anova.
Destarte, a opción de ir ás xerais coa fórmula En Marea acadou 165 votos, en tanto que a vía de non participar en ningunha candidatura se fixo con 112 sufraxios.
Esquerda Unida ratifica o acordo cun 70% dos votos
Tamén Esquerda Unida ratificou cun 70% de voto afirmativo no 80% das asembleas comarcais o "acordo político de converxencia", segundo afirma a formación política nun comunicado.