Vic e Tortosa decláranse 'territorio catalán ceibe e soberano'

As dúas capitais catalás de comarca, xuntas suman máis de 75.000 habitantes, sumáronse á petición de independencia que realizaron xa outros municipios. O PSC abstense ou vota en contra e fala da súa 'tradición federalista'

As peticións para que Catalunya sexa un estado independente continúan desde os municipios. Se hai uns días foron Sant Pere de Torelló e Calldetenes primeiro, e Arenys de Munt despois, o regueiro de textos presentados a pleno continúan. Dúas capitais de comarca, Vic e Tortosa, aprobaron os seus e tamén o fixo Argentona. Os votos en contra de CiU e PSC, segundo informa o xornal Vilaweb, impediron que tamén se aprobase no municipio de Santa Coloma de Farners.

Vic
A moción, presentada pola vía de urxencia pola CUP, conseguiu os apoios de ERC, SI e ICV aos que se sumaron os votos favorábeis de CiU. Nela declárase 'Vic territorio catalán ceibe e soberano’ solicitando ao presidente da Generalitat e á presidenta do Parlamento de Catalunya ‘que comecen no tempo máis breve posíbel, en todo caso antes do día 11 de setembro de 2014, o proceso de declaración de soberanía nacional catalá e convoquen os referendos e comicios necesarios para preparar de maneira axeitada a transición cara ao novo estado catalán’.
No texto aprobado apélase ao 'espírito cívico de Europa e en especial ao Estado española para que se impoña unha resolución democrática dos conflitos' que leve adiante 'os ideais da paz, o traballo e a liberdade, a amizade e a irmandade entre os pobos do mundo'.

Tortosa
Neste municipio a moción foi aprobada cos votos a favor de CiU, ERC e ICV fronte ao votos en contra de PSC, PP e PxC. O texto aprobado no pleno municipal de Tortosa solicita 'que o Parlamento de Catalunya someta a votación a declaración unilateral de soberanía nacional de Catalunya e, se cadra, convoque un referendo sobre a independencia de Catalunya'. Ademais dan o seu apoio ás accións da Assemblea nacional

Máis en Països Catalans
Comentarios