SOBERANISMO

Un sector crítico do PSC estuda se acudir á cadea humana da Diada

Agrupament Socialista critica a reforma constitucional que propón o PSOE por “negar o dereito a decidir”.

Catalunya
photo_camera Catalunya

A corrente crítica do PSC Agrupament Socialista celebrará o 29 de agosto unha reunión en Torroella de Montgrí para abordar se acode á cadea humana independentista que terá lugar o 11 de setembro, Diada Nacional de Cataluña.

En Agrupament Socialista participan importante cargos do PSC como a eurodeputada Maria Badia, a deputada Marina Geli, a concelleira de Girona Pia Bosch ou o alcalde de Lleida e ex candidato a liderar o PSC, Àngel Ros, entre outros.

En relación á cadea humana, esta corrente baralla dúas opcións: declinar a participación por ser unha iniciativa independentista, ou acudir ofrecendo “explicacións propias” sobre a súa visión das relacións entre Cataluña e España. A dirección do PSC non acudirá.

Así mesmo, a plataforma amosouse moi crítica coa reforma constitucional proposta en Granada polo PSOE e o PSC, xa que consideran que nega o dereito a decidir de Cataluña.

Máis en Països Catalans