A Oficina de Patentes censura unha camisola independentista por “contravir a orde pública e os bos costumes”

“Contrario á orde pública e aos bos costumes”, notificou a Oficina española de patentes respecto do deseño que quería ser rexistrado e no que aparecían as catro barras da senyera e a lenda 'Independència ja'. 

Deseño censurado
photo_camera Deseño censurado

Unha simple camisola, coa lenda 'Independencia xa' e as catro barras da bandeira catalá, pode ir contra a orde pública e mesmo os bos costumes. E iso no Estado español de principios do século XXI.

Así o entende a Oficina de Patentes Española,que se negou a rexistrar un deseño para camisola cos elementos antes descritos. E argumentando que dito deseño “contravén a orde pública e os bos costumes, segundo o artigo 12 da Lei 20/2003.

Deseño a man

A petición de rexistro na oficina fora presentada por Marta Rosell, segundo recolle Vilaweb. “A idea era unhas camisolas pintadas a man para lucir no Concert per la Llibertat. O deseño, as catro barras e a lenda independencia xa”. Rosell engade que “para facer as cousas ben, quixemos rexistrar o deseño”. A resposta das autoridades españolas: que vai ser que non.

A Oficina española, ademais, dálle un mes “para subsanar os defectos sinalados” ou presentar alegacións.

Foto: Marta Rosell

Máis en Països Catalans
Comentarios