Iniciativa política para que os xogadores de 'la roja' doen os 300.000 euros

Primeiro foi unha iniciativa social difundida polas redes e agora é Solidaritat Catalana per la Independència (SI) quen solicita que os xogadores da selección española doen a súa gratficación para fins sociais. Esta formación independentista catalá tamén pediu que se prohiban as celebracións con símbolos fascistas.
Bandeiras franquistas celebrando nun partido da selección española. (Foto: Nós Diario)

Antes do partido da final da Eurocopa entre España e Italia xurdiu unha iniciativa popular que pedia que os xogadores cedesen a súa gratificación por gañar o torneo, 300.000 euros, para fins sociais. Como exemplo tiñan aos xogadores de Italia que cedían a súa para as vítimas do terremoto de Emilia Romgna. Rematou a competición e os xogadores de "la roja" non se comprometeron a nada. Agora a formación Solidaritat Catalana per la Independència (SI) informou que pedirá por carta aos xogadores cataláns ou que xoguen nos Países Catalás que formen parte da selección española que doen a prima "libres de impostos que gañaron a entidades sociais catalás para facerlle fronte a crise e diminuír deste xeito en 2,7 millóns de euros o expolio fiscal que padece Catalunya”. Bertran informou que os xogadores que recibirán a carta son Víctor Valdés, Xavi Hernàndez, Andrés Iniesta, Pedro Rodríguez, Cesc Fàbregas, Jordi Alba, Sergio Busquets, Gerard Piqué i Raül Albiol.  

SI informou que pedirá por carta aos xogadores cataláns que doen os 300.000 euros


Simboloxía fascista
Uriel Bertran, secretario xeral de SI, solicitou tamén a comparecencia do conselleiro de interior, Felip Puig, en relación coas manifestacións de celebración da vitoria española nas que se exhibiu simboloxia nazi, fascista e franquista. "Hai que terminar coa impunidade que teñen cando a propia Generalitat prohibe actos independentistas".

Máis en Països Catalans
Comentarios