Països Catalans

A CUP decidirá o 27 de decembro se apoia Mas como president

VOTARÁ 4 OPCIÓNS

A CUP decidirá o 27 de decembro se apoia Mas como president

Todo apunta a que a asemblea nacional convocada pola CUP para o 27 de decembro co fin de decidir se os parlamentares da formación política apoian Artur Mas como president da Generalitat será masiva.

CUP catalunya asemblea
photo_camera Unha asemblea da CUP

A máis dunha semana para que teña lugar a asemblea nacional da CUP para decidir respecto da posíbel investidura de Artur Mas como president da Generalitat, o número de inscricións para participar na convocatoria dispárase. De feito, a estas alturas xa se superou o aforo previsto, 1.700 persoas, e a organización viuse na obriga de cambiar o emprazamento.

As persoas participantes disporán de catro opcións: dúas delas suporán investir Mas president e dúas suporán a asunción de novas eleccións en marzo

Nesta asemblea, que terá lugar en Girona, militantes e simpatizantes da CUP decidirán se aceptan ou rexeitan un pacto con Junts  Pel Si. Vense de confirmar que as persoas participantes disporán de catro opcións: dúas delas suporán investir Mas president e dúas suporán a asunción de novas eleccións en marzo.

A CUP fará até tres roldas de votación para ir desbotando, de maneira sucesiva, as diversas opcións até que só fique unha das catro iniciais.

As catro opcións

Precisamente, na mañá do sábado, o Consello Político da CUP ratificou a proposta das catro opcións. Segundo publica este sábado, Vilaweb, as opcións son as seguintes:

1. Aceptar a proposta de acordo político para avanzar cara á creación dunha república catalá cunha folla de ruta que leve á desconexión institucional e ruptura democrática, un plan de choque de emerxencia social e un proceso constituínte popular e democrático que permita ensanchar a base do proceso. E, en consecuencia, aceptar o Consello de presidencia encabezado por Artur Mas.

2. Rexeitar o Consello de presidencia encabezado por Artur Mas y, polo tanto, a proposta de acordo político. Esgotar o prazo de negociación para unha presidencia de consenso con plan de choque, folla de ruta para a ruptura e proceso constituínte co obxectivo de ensanchar a base do proceso de creación duna república catalá. Asumir que haberá novas eleccións en caso de que Junts Pel Sí non presente unha alternativa á presidencia.

3. Rexeitar a proposta de acordo político de plan de choque, proceso constituínte, folla de ruta para a ruptura e o Consello de presidencia. Favorecer a investidura de Artur Mas co obxectivo de evitar unhas novas eleccións, desbloquear a situación actual e seguir traballando para ensanchar a base do proceso e para a creación dunha república catalá.

4. Rexeitar o Consello de presidencia encabezado por Artur Mas y, polo tanto, a proposta de acordo político. Trasladar a Junts Pel Sí a responsabilidade de buscar apoio más alá do grupo parlamentar da CUP-CC a través da abstención no pleno de investidura. En caso de que Junts Pel Sí no obtivese máis apoio, asumir que haberá novas eleccións.

Máis en Països Catalans
comentarios