Críticos de Podemos, EUiA e MES concorrerán ao 27S como 'Guanyem Catalunya'

“Non cremos en movementos nin coligazóns de políticos espectáculo”, afirman, distanciándose dos 'personalismos' que atribúen a 'Junts pel Sí' e 'Catalunya Sí que es Pot'.

A coligazón Guanyem Catalunya vai concorrer ás eleccións do 27 de setembro impulsada por sectores críticos de Podemos, EuiA -referente de IU en Catalunya- e MES -escindidos do PSC-. Segundo informa Vilaweb, GC afirma que non queren proxectos perdsonalistas, “baseados na posta en escena mediática e con escasas bases de afiliación” que non teñen peso na toma de decisións.

“Non cremos en movementos nin coligazóns de políticos espectáculo, nin na liberdade ou a independencia que nos prometen desde o espectáculo”, din nun manifesto. Reivindican unha democracia emanada desde as bases, “da democracia real, do territorio, e non das audiencias televisivas”.

A coaligazón foi presentada en Barcelona polo avogado Pablo Barreneche (proén de Podemos), Marisol Martínez (expulsada de EUiA), Ramón González (procede de Podemos) eXavier Salvadó (ex-dirixente territorial de Moviment d’Esquerres). Aseguran que teñen unha estrutura mínima de 300 persoas e que a iniciativa xorde de sectores críticos de diversas organizacións. En breve escollerán candidat@s e elaborarán o programa

Máis en Països Catalans
Comentarios