Constitúese en Barcelona a organización independentista xuvenil 'Arran'

A nova formación sería, segundo afirman, 'a máis grande dos Països Catalans'. A csúa constitución foi o 4 de xullo e a presentación será en Berga na festa Rebrot.
Asemblea constituínte de Arran
photo_camera Asemblea constituínte de Arran

Despois de catro anos de negociacións entre Maulets, a xuventude independentista revolucionaria, a CAJEI, Coordinadora d’Assemblees de Joves de l’Esquerra Independentista e varios colectivos, como as Assemblees de Joves de Terrassa, Sant Sadurní o Horta, ou o colectivo de mocidade de Sa Pobla (Mallorca) Pinyol Vermell, o 4 de xullo constituíuse 'Arran'.

Na asemblea constituínte participaron 36 comarcas e máis de 600 militantes, reivindican Arran com "a ferramenta que responderá de forma radical a todas as agresións que padecemos como mozas catalanas e traballadoras que vivimos nun sistema patriarcal". Segundo informan no seu blogue o seu discurso é claro. Aseguran que son "independentistas e queremos construir o socialismo de base nos Països Catalans, desde unha perspectiva feminista" A súa reivindicación é que "formamos parte da Esquerda Independentista e reivindicamonos como a súa organitzación xuvenil".

Arran son independentistas e co socialismo de base nos Països Catalans, desde unha perspectiva feminista

 

 Arran
"O nome de Arran", explican, "remite á terra e aos segadores que a defenden, porque fala des raigames, da cultura, mais tamén da afección ao noso barrio, vila ou cidade".

Arran presentarase públicamente na festa do Rebrot, que se celebrará os dias 12, 13,14 e 15 de xullo en Berga. O acto político que contará coa presenza de todas as organizacións da Esquerda Independentista, será o 14 de xullo.

 

 

Máis en Països Catalans
Comentarios