O candidato de ERC ve ''practicamente imposíbel'' unha coalición catalá para as europeas

Josep-Maria Terricabras considera que a ''cuestión ideolóxica e partidista'' pesa moito. Mais desde CDC, socio maioritario en CiU, considera que hai marxe para atinxir un acordo cara as eleccións de 2014. 

Terricabras-ERC
photo_camera Foto: ara.cat

A Assemblea Nacional Catalana pedía nun manifesto presentado hai unhas semanas unha candidatura unitaria de todas forzas que defenden o dereito a decidir de Catalunya para concorrer ás eleccións europeas.

Mais semella que esa petición non ten unha materialización doada. O candidato de ERC a esta cita electoral, JM Terricabras, sinalou nunha entrevista que ve ''practicamente imposíbel'' unha coaligación catalá nesa cita. “Eu non creo que os grupos vaian porse de acordo, porque a cuestión ideolóxica e partidaria aínda ten moito peso,", lamentou. Segundo el, a "cuestión nacional" debe ser fulcral e ter peso nas eleccións europeas do próximo ano.

Terricabras tamén dixo que asumirá como propia calquera fórmula que a dirección de ERC decida para concorrer ás europeas: ben nunha coaligación catalá ou aliada co soberanismo de esquerdas galego e catalá ou mesmo en solitario, apuntou. 

Neste sentido, nas últimas semanas hobo contactos e conversas entre ERC, Bildu e BNG para avaliar a posibilidade de acudir xuntos a esta cita electoral.

CDC, a prol de ir xuntos

Porén, o vice-secretario de CDC, Lluís Corominas, considera que esa coaligación de forzas catalás ás europeas é a desexábel e a factíbel. Afirma que a mensaxe da cidadanía no 11S é que haxa un consenso político a prol do dereito a decidir.

Máis en Països Catalans
Comentarios