xoves 06/08/20

Artur Mas renuncia á acta de deputado

O Govern da Generalitat anunciou a decisión através da súa conta oficial de Twitter. Perde así a súa condición de aforado. 

O ex-president da Generalitat de Catalunya e deputado da coligazón Junts pel Sí, Artur Mas, renunciou formalmente esta cuarta feira á súa acta de deputado. 

Así o comunicou o propio Govern através da súa conta oficial de Twitter. Mas fíxoo após dar un paso atrás como candidato á presidencia, unha condición da CUP para apoiar a proposta de JxSí. 

Desta maneira Mas perde a condición de aforado da que gozan as persoas con representación parlamentar. Un feito que podería incidir no proceso xudicial que lle foi aberto pola consulta popular do 9 de novembro.  

comentarios