ESGóTASE O TEMPO PARA FORMAR UN ACORDO DE GOBERNO

A ANC deixa de negociar coa CUP e JxSí após non chegar a acordo

A posibilidade de que haxa investidura e non eleccións é cada vez máis remota. O prazo remata este domingo ás 23.59h. No caso contrario, haberá novos comicios.

Manifestación pola independencia en Catalunya

Este semellaba ser o último intento --a saber se o derradeiro-- para alcanzaren un acordo de investidura. O encontro tivo lugar na sede da Assemblea Nacional Catalana e a ela asisitiron Raül Romeva (JxSí); a secretaria xerl de ERC, Marta Rovira; o coordenador xeral de CDC, Josep Rull; o president do grupo parlamentar, Jordi Turull, e os integrantes de CDC Albert Batet e Lluís Guinó; por parte da CUP as parlamentares Gabriela Serra e Eulàlia Reguant xu to con Hugo Alvira, membro do Secretariat Nacional. 

Apenas unnha hora e media despois de dar comezo, as partes abandonaron o local pois ningunha das propostas que se puxeron riba da mesa contaba co apoio de JxSí e a CUP, conxuntamente. 

Desta maneira esgótase o tempo e iníciase a conta atrás. De prazo teñen até o domingo ás 23:59h, do contrario na segunda feira (11 de xaneiro) o president en funcións, Artur Mas, convocará de novo eleccións, como xa anunciou. 

Pola súa banda, o presidente da ANC anunciou que a entidade se retira das negociacións pois ve máis probábel un novo escenario electoral que un acordo. 

Máis en Països Catalans
Comentarios