venres 10.07.2020

Os grandes grupos empresariais pagaron a Facenda apenas o 3,5% dos seus beneficios

Os grandes grupos tributaron en 2011 pouco máis de 3.000 millóns de euros. Nese exercicio obtiveron beneficios por case 86.000 millóns. O motivo? A baixada do gravame sobre beneficios aprobada polo goberno e as grandes deducións

Case 140 empresas concursadas na Galiza no primeiro trimestre
Case 140 empresas concursadas na Galiza no primeiro trimestre

Os xigantes empresariais, os grandes grupos consolidados, pagaron en 2011 ás arcas públicas 3.012 millóns de euros. Nese ano, os seus beneficios foran de 85.984 millóns de euros. Cinco anos antes, en 2006, estes grandes grupos tributaran 12.673 millóns. Gaños desorbitados máis que beneficiados pola reforma no imposto de sociedades (o que grava os beneficios), segundo sinala El País.

Amplas deducións, beneficios fiscais...as grandes empresas non desaproveitaron a oportunidade que lles puxo en bandexa o goberno de Rodríguez Zapatero en 2007 coa reforma do imposto de sociedades. Unha tarefa na que tiveron o apoio de CIU. Un exemplo que lembra o xornal madrileño: o gravame teórico sobre os beneficios, que era do 35%, rebaixouse o 30%.


 

Os grandes grupos empresariais pagaron a Facenda apenas o 3,5% dos seus beneficios
comentarios