O PSOE suspende de militancia @s 5 concelleir@s 'discrepantes' de Ourense

A dirección galega, apoiada por Ferraz, anuncia que iniciará ''inmediatamente'' a instrución do expediente disciplinario a estes cinco edís no concello ourensán.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, vén de anunciar que “o PSOE decreta hoxe a suspensión de militancia aos concelleiros de Ourense” que, argumenta, “incumpriron coas súas obrigas”. En declaracións, o líder dos socialistas explicou que “despois do cumprido informe enviado a Ferraz” o pasado martes pola secretaria de organización, Pilar Cancela, “a Executiva Federal respalda o proceso levado a cabo pola Comisión executiva galega”, e suspendeu de militancia á e aos 5 concelleiros ourensáns. Os afectados son Antonio Rodríguez Penín, Susana Bayo, Alfonso Vilachá, Mónica Vázquez e María Devesa.

O PSdeG anuncia que dará inicio a instrución do expediente que vai permitir aplicar as medidas disciplinarias correspondentes debido ós reiterados incumprimentos que foron documentados. “Con independencia de como derive en canto a medidas disciplinarias ese expediente, xa lles podo dicir que desde hoxe están suspendidos eses cinco concelleiros ós que se lles comunicará por parte da dirección”, afirmou Gómez Besteiro. Xa que logo, o PSOE abre expediente a 5 dos seus 11 concelleiros en Ourense.

Máis en OPINIÓN
Comentarios