O presidente de NGB di que é Europa a que impide devolver os cartos das preferentes

Castellano compareceu na comisión de investigación dos caixas do Parlamento, onde recoñeceu que na comercialización de preferentes e subordinadas “enganouse á xente”.

Castellano

O presidente de Novagalicia Banco (NGB), José María Castellano, ante a comisión de investigación das caixas. Unha presencia na que este mandatario recoñeceu que as preferentes "están mal comercializadas" e que se "enganou a xente", para a continuación afirmar que non é que a entidade non queira devolver os cartos, senón que "non pode" polas exixencias marcadas por Europa e a troika. E iso malia que NGB ten por volta de once mil millóns de euros en liquidez.

Castellano compareceu na Cámara do Hórreo no mesmo día en que un xornal de Madrid afirmaba que el estaba obrigado a abonar 365.000 euros nunha sentenza que os acusa de usar fórmulas “artificiais”.

O presidente da entidfade recoñeceu que NGB afrontaba un escenario a resumir en dous: Ou é mrcada por fondos estranxeiros de investimentos ou por un gran banco español. Esta sería a que garantiría manter certa sede en Galiza.

Preferentistas

O 37,25% do capital do banco galego está agora en mans dos titulares de preferentes e subordinadas que viron como os seus produtos híbridos se canxeaban por accións. No seu comunicado á CNMV, Novagalicia explica que se executou o aumento de capital acordado pola comisión rectora do FROB.

Máis en OPINIÓN
Comentarios