Antonio López "Castillo": "Estimado Raúl Piñeiro"

Transcorría o ano 1985 en Vigo, Raul conseguiu diñeiro para traer a Luís de Arxentina, foi buscalo a Madrid con Ana e Marina, logo de pasaren ambos, individualmente, tristes penurias en Suíza. 

Chegou aos meus oídos que polo Pub Alma, da rúa Poboadores, andaba un guitarrista arxentino que tocaba Jazz; así coñecín a Luis Cide. Logo de frecuentar o Pub fixemos, ademais de Duo, Trio con Juan Veiga na batería, eu no contrabaixo, e mais adiante Cuarteto con Javier Escaned, que fora saxofonista de Clunia en Afueras Periódicas.

 "Digo que é un Tipo entrañable, pois que nos queda de El se non é o seu vivo recordo.Sempre cun sorriso, seguro de si mesmo".

Raul, naquela altura, era o dono do Alma, e vivía a uns 50 metros do local. Prósperas vicisitudes leváronnos a compartir casa con El, cerca de un ano.
Mais tarde Luís foi para Colonia (Alemaña). Eu vivía en Redondela. Raul viña a visitarme ás veces á casa.

En outubro do 89 levoume, xunto con Walter, a Köln para visitar a Cide que vivía aló con Teresinha de Minas Gêrais. Estivemos 15 días, e en todo ese tempo non me deixou só, nin se despegou de min. Gardo no breve diario da viaxe anécdotas e feitos formidables.

Xa en Vigo, lembro que un día levou á Gaita Grileira ao Trio bretón de Folk-Jazz formado por Jaques Pellen, guitarras, Jacky Molard, violín e Patrick Molard, gaita, deron un excelente Concerto.

Raul foi manager de grupos Folk bretóns como Barzaz, DEN, e outros moitos, no Festival da Poesía do Condado en Salvaterra do Miño, Festival Intercéltico de Moaña. 

Co grupo Uz (2000-01) formado en Galiza, Festival Irmandiño de Moeche, Festival de Tapia de Casariego (Asturias) e Cabuerniga 2000 (Cantabria), Figueira da Foz (Portugal), etc..

Cústame dicir que era ..., por iso digo que é un Tipo entrañable, pois que nos queda de El se non é o seu vivo recordo.
Sempre cun sorriso, seguro de si mesmo.

Antonio López "Castillo"

Máis en OPINIÓN