Un 94,5% de sis á independencia vasca na consulta popular de Etxarri-Aranatz

@s veciñ@s desta pequena vila navarra protagonizaron este domingo un referendo para se posicionar sobre unha Euskal Herria independente. ''Queremos que o dereito a decidir sexa unha gran vaga”, afirman @s organizador@s.

Colas para votar
photo_camera Cola para votar

Un total de 851 votos emitidos: 804 a prol da independencia, 18 en contra, 26 en branco e 3 nulos. Participación: o 42% (na primeira consulta popular catalá, a de Arenys de Munt, foi do 41%). Etxarri Aranatz realizou este domingo a consulta popular para que a veciñanza se expresase e opinase sobre o estatus que desexan para Euskal Herria.

Os e as veciñas que se achegaron ate as urnas fixérono para responder a unha pregunta sinxela: Quere ser cidadán/cidadá dunha Euskal Herria independente?'. A consulta foi organizada e convocada por unha plataforma veciñal, A13 (Apirilak 13), para “profundizarmos nos valores propios dunha democracia”. Fixeron fincapé en que esta consulta ten que er un primeiro paso dos moitos que se darán en vilas e barrios de Euskal Herria para atinxir a autodeterminación.

Etxarri-Aranatz (7 concelleiros Bildu, 3 Nafarroa Bai e 1 PP) foi así o primeiro concello vasco que se pronunciou sobre a independencia a través dunha consulta popular, nunha dinámica que queren que se estande a outras vilas e localidades vascas. A idea é, recoñecen @s @rganizador@s, seguir o exemplo dado por concellos cataláns activaran hai uns anos e que tiveron importancia no impulso do proceso soberanista.

Xornada de festa e reivindicación

A xornada decorreu nun ambiente de reivindicación e festa. Houbo palestras, música, xantar popular, obradoiros, debates... e mesmo a presenza dun grupo de observadores internacionais (eurodeputados incluídos).

Até esta pequena vila de Sakana, situada a uns 40 Km de Iruña, tamén se achegaron un gran número de medios, así como representantes de colectivos e organizacións da esquerda abertzale.

Máis en OPINIÓN
Comentarios