A ultra-dereita de Le Pen gañaría agora mesmo as eleccións francesas

Unha enquisa que publica 'Le Figaro' sinala que a formación xenófoba sería a lista máis votada e podería alcanzar o poder no Elíseo, o que suporía un terremoto político.

Marine Le Pen
photo_camera Marine Le Pen

A ultra-dereita podería gobernar un dos principais países de Europa. O xenófobo e neofascista Fronte Nacional que lidera Marine Le Pen en Francia sería agora mesmo a formación máis votada segundo unha enquisa que publica el diario Le Figaro.

Le Pen gañaría incluso a segunda volta e estaría en condicións de formar goberno no Elíseo, o que podería supoñer un terremoto político de incalculábeis dimensións. A súa forza está tamén moi relacionada co descrédito dos grandes partidos e moi especialmente do gobernante PSF, onde nin o presidente Hollande nin o primeiro ministro Valls conseguen recuperar a estima popular e seguen caendo nos inquéritos.

Marine Le Pen alcanzaría o 30% dos votos nunha primeira volta, por riba incluso da posibilidade do regreso de Sarkozy. Nos últimos días, está a pedir que se adianten as eleccións, perante a crise de credibilidade do Executivo.

Máis en Mundo
Comentarios