A OTAN crea unha forza especial de intervención para posíbeis accións contra Rusia

A Alianza Atlántica que lidera Estados Unidos xuntará a 13.000 efectivos “capaces de actuar en pouco tempo” no leste de Europa, asumindo mesmo de forma explícita que Rusia é o obxectivo preventivo de tal despregamento.

Ucraína
photo_camera Ucraína

Os xefes de Estado e de Goberno da OTAN acordaron este venres non só manter as forzas desprazadas no leste de Europa senón tamén crear unha forza rápida de “alta dispoñibilidade”  composta por varios miles de soldados para poder responder en cuestión de días a unha crise “como a de Ucraína”, isto é, tal e como recoñece a propia OTAN, para combater ou neutralizar a Rusia, confirmándose así a volta a unha especie de Guerra Fría.

13.000 soldados estarán dispostos a actuar con rapidez no leste de Europa en calquera momento, nun claro movemento disasuorio

O anuncio fíxoo o secretario xeral da Alianza Atlántica, Anders Fogh Rasmussen, que tamén dixo que dentro dun Plan de Acción de Preparación máis amplo para "reforzar a defensa colectiva" e responder a calquera ameaza de seguridade "veña de onde veña", crearán "unha forza capaz de despregarse con moi pouco preaviso" ou "punta de lanza" dentro da Forza de Reacción Rápida da OTAN, composta por ata 13.000 efectivos de terra, aire, mar e forzas especiais que se poden despregar en calquera parte do mundo para “defensa colectiva ou xestión de crise”, explicou o danés.

"Esta punta de lanza incluirá varios milleiros de soldados terrestres, capaces de despregarse en moi poucos días, con apoio aéreo, por mar e de forzas especiais", precisou Rasmussen. O primeiro ministro británico, David Cameron, anunciou que Reino Unido aportará 3.500 militares á nova forza rápida da OTAN.

Control

Co obxectivo de "facilitar reforzos" os aliados tamén acordaron crear "unha presenza de mando e control apropiada no leste de Europa" e "instalacións de recepción, subministros e preparación", explicou o danés, que admitiu que os países bálticos, Polonia e Romanía ofrecéronse para acoller as chamadas bases operativas avanzadas, pero cuxa ubicación aínda non está decidida, mais en todo caso será o máis preto posíbel das fronteiras de Rusia.

Máis en Mundo
Comentarios