Obama presiona Europa polas medidas de austeridade

A cúpula dos G-8 teme o contaxio da crise da zona euro. A idea dos países máis poderosos do mundo é a contraria da aplicada en Europa: queren máis inversión e creación de emprego.
Reunión G-8
photo_camera Reunión G-8

Os líderes do G-8 (grupo que reúne os oito países máis poderosos do mundo) teñen como prioridade para a saída da crise a promoción do crecemento e a creación de empregos, ademais da estabilidade fiscal. O G-8 manifestou, na súa última reunión celebrada esta fin de semana en Camp David, que queren a Grecia na zona euro. O comunicado final deste grupo de países deixou claro que temen que a situación política do país mediterráneo poda ter consecuencias imprevisíbeis non só para a economía europea senón tamén para a do resto de países do chamado primeiro mundo. Na actualidade o G-8 compóñeno Estados Unidos, Alemaña, Xapón, Canadá, Gran Bretaña, Franza, Italia e Rusia

A débeda de Europa foi o primeiro asunto abordado no segundo e último dia de encontros

A débeda de Europa foi o primeiro asunto abordado no segundo e último dia de encontros que concluíron a favor dun impulso para equilibrar a austeridade europea cunha nova dose de estímulo ao estilo estadounidense considerado vital para sanear as contas europeas. Ao concluír a reunión da cúpula, o presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, afirmou que a crise da débeda da zona euro ameaza a economía mundial. Obama, que presionou Europa por máis medidas promotoras do crecemento como aquelas que aplicou nos EUA, lembrou aos líderes da zona euro que hai moito en xogo e que se el@s fracasan iso pode significar custos enormes para a economía global. “O crecemento e os empregos deben ser nosa máxima prioridade”, comentou Obama, reafirmando a súa visión de que Europa ten a capacidade de enfrontar ese desafío.

Máis en Mundo
Comentarios