Hamas só aceptará un alto o fogo con Israel se está pensado “a longo prazo”

“Israel só entende a linguaxe da forza e da resistencia, por iso continúa coa guerrra de desgaste”, asegura o número 2 do brazo político do movemento islamista.

Palestina
photo_camera Palestina

O movemento islamista Hamás decidiu que só aceptará un novo alto o fogo con Israel si se trata dun cese de hostilidades a longo prazo, segundo informou este sábado o número 2 do brazo político da organización, Musa Abu Marzuk.

"Os nosos esforzos principais céntranse nos intentos da comunidade internacional para conseguir unha tregua a longo prazo entre as partes", fixo saber Abu Marzuk en declaracións á cadea panárabe Al Yazira.

Para o responsable político de Hamás, as treguas limitadas con Israel só serviron para que o Estado xudeo aumente a súa lista de esixencias. "Israel só entende a linguaxe da forza e da resistencia, e por iso continúa coa súa guerra de desgaste", explicou.

Máis en Mundo
Comentarios