SYRIZA, FAVORITA, EMBORA NOVA DEMOCRACIA SE ESTEA A ACHEGAR NAS ENQUISAS

25-X, eleccións anticipadas en Grecia

Syriza celebra como un triunfo a inminente convocatoria de comicios após non obter os apoios necesarios para ser investido presidente Stavros Dimas, o candidato preferido pola Troika.

photo_camera Protestas en Grecia.

Grecia deberá convocar eleccións anticipadas tras non saír elixido o candidato á Presidencia, Stavros Dimas, na terceira e decisiva votación parlamentar. Os comicios vanse realizar o 28 de Xaneiro. O ex comisario europeo e varias veces ministro, de 73 anos, obtivo o respaldo de 168 dos 300 deputados da cámara lexislativa, doce menos dos 180 votos que necesitaba, e o mesmo número que na votación precedente, o que se considerou un triunfo da esquerdista Syriza, que aspira agora a alcanzar o poder no país, o máis golpeado pola crise e as decisións da Troika de todos os de Europa. 

Ao anunciarse o resultado da votación, @s deputad@s que non apoiaron a Dimas irromperon en aplausos e celebracións. Nas primeiras dúas roldas, nas que se requiría o respaldo de dous terzos da cámara, é dicir de 200 deputados, Dimas obtivera 160 e 168 votos, respectivamente.

O sábado pasado, o primeiro ministro, Andonis Samarás, fixo un último chamamento para pedir o apoio ao seu candidato. Samarás afirmou que todo o que non o apoiase, automaticamente aliábase con Syriza, cuxo líder, Alexis Tsipras, deixou claro desde un principio que non apoiaría a ningún candidato, para forzar eleccións. O primeiro ministro mesmo que unha eventual vitoria electoral de Syriza levaría forzosamente a creba do país, teoría que defenden tamén desde Bruxelas altos cargos da UE. Syriza lidera todas as enquisas electorais, aínda que a distancia fronte aos conservadores de Nova Democracia de Samarás é cada vez máis curta.

Máis en Mundo
Comentarios