Exipto condena a morte ao líder dos Irmáns Musulmáns e 196 seguidores seus

As novas autoridades exipcias confirmaron a pena, de trasfondo político e relacionada co pasado golpe militar, que obtivo apoios subterráneos en occidente, onde non hai protestas oficiais pola condena.

Exipto
photo_camera Golpe en Exipto

Un tribunal exipcio confirmou a pena de morte imposta ao guía supremo dos Irmáns Musulmáns, Mohamed Badie, e a 196 dos seguidores do movemento islamista, segundo asegurou un dos avogados defensores á cadea de televisión Al Arabiya. Este movemento prodúcese logo de que o exército dese un golpe de Estado con apoio occidental contra a vitoria nas urnas dos Irmáns Musulmáns.

A decisión chega dous meses despois de que o tribunal remitise as condenas de Badie e de centos de seguidores do movemento islamista á máxima autoridade relixiosa do país, o Muftí, o primeiro paso para poder impoñer a pena máxima. Badie mesmo podería ser condenado a outra pena de morte noutro caso distinto.

Saudita

Por outra banda, o rei Abdulá de Arabia Saudita reuniuse este venres pola noite co presidente de Exipto, Abdelfatá al Sisi, no interior do seu avión oficial no aeroporto internacional do Cairo, segundo informou un diario local sorprendido porque o monarca non saíu do seu avión en contra de calquera protocolo. Esta situación desatou todo tipo de sospeitas sobre o contido das conversas ou o temor a un ataque.

Máis en Mundo
Comentarios