A esquerda uruguaia espera que Tabaré Vázquez recolla a testemuña de José Mujica

O Frente Amplio lidera as enquisas para a primeira volta das presidenciais, que se realizan hoxe, onde se mide o seu candidato de orixes humildes contra Luis Lacalle, que pertence á tradición da dereita e provén dunha familia multimillonaria.

José Mújica, presidente de Uruguay
photo_camera José Mújica, presidente de Uruguai

Uruguai realiza este domingo a primeira volta das eleccións presidenciais co enorme reto de encontrar un sucesor á altura do esquerdista José Mujica. Os partidos políticos optaron por non propoñer sucedáneos e lanzar candidatos con personalidade propia.

Ante o tamaño do desafío, o gobernante Frente Amplio (FA) presenta a Tabaré Vázquez, que xa dirixiu o país entre 2005 e 2010, cando entregou a vara de mando a Mujica, de quen podería volver recollela, segundo indican todas as sondaxes sobre intención de voto. Vázquez ten un marcado perfil popular. De familia humilde e numerosa estudou en escolas públicas malia con importantes parénteses nos que tivo que traballar para poder manter aos seus.

Estirpe dereitista

Enfronte de Vázquez está o candidato presidencial do Partido Nacional (PN), Luis Lacalle Pou, que pode encarnar o regreso da dereita á presidencia. Lacalle Pou está na política desde o berce. Fillo do ex presidente Luis Alberto Lacalle e bisneto de Luis Alberto de Herrera, fundador do PN, a ninguén lle sorprende que chegase a ser candidato logo de permanecer décadas agochado baixo o enorme patrimonio da súa familia. 

Vázquez defende as políticas sociais e a reparación da memoria. Lacalle pon o acento na economía de mercado como sinónimo de progreso. Uruguai vota namentres se suceden as homenaxes aos aínda presidente, José Mujica, un esquerdista que deixa unha pegada inesquecíbel na sociedade do seu país.

Máis en Mundo
Comentarios