PARTICIPARáN MáIS DE 30.000 MILITARES

España acollerá a maior manobra da OTAN desde a guerra fría

O Ministerio de Defensa deu conta hoxe da culminación do plan de instrución e adestramento, no cuartel coruñés de Atocha, do conxunto de coordinación que participará na meirande manobra da OTAN desde a guerra fría.

[Imaxe: Defensa] Coordinación do plan de instrución
photo_camera [Imaxe: Defensa] Coordinación do plan de instrución

Nun comunicado de prensa, o Ministerio de Defensa salienta a conclusión do plan de instrucións e adestramentos, que tivo lugar no cuartel coruñés de Atocha, de cara á Trident Juncture, a maior manobra militar que a OTAN desenvolverá en España, Portugal e Italia desde a guerra fría. Así, a partir do mes que vén, 20.000 efectivos das tropas da OTAN estarán despregados por distintos puntos da xeografía do Estado español:  Zaragoza, Albacete, Almería, Cádiz, Palma de Mallorca e Madrid.

Amais dos 20.000 militares de países da OTAN, participarán na manobra máis de 8.000 militares do exército español. Ademais, o Goberno central pon a disposición do Trident Juncture 23 carros de combate, 93 blindados, 10 helicópteros, 13 buques e 30 avións. Malia a magnitude da manobra, o Ministerio de Defensa non forneceu datos sobre as cifras económicas que gastará neste exercicio da OTAN.

O obxectivo desta manobra, segundo Defensa, pasa por adestrar as forzas de alta dispoñibilidade e tecnoloxicamente preparadas da OTAN para que se despreguen onde for necesario nun período curto de tempo.

Máis en Mundo
Comentarios