O VII Galeusca-Historia homenaxea os 100 anos de unión entre nacións

O Congreso ten lugar entre estes días 5 e 6 de outubro.

O doutor en Historia Ramón Villares dará a conferencia inaugural (Foto: Eduardo Castro).
photo_camera O doutor en Historia Ramón Villares dará a conferencia inaugural (Foto: Eduardo Castro).

O VII congreso Galeusca-Historia na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, organizado polo grupo de investigación Histagra coa colaboración da Deputación da Coruña, decorrerá hoxe e mañá coincidindo co centenario do primeiro pacto de Galeusca.

O encontro reunirá máis de 30 historiadores e historiadoras de sete universidades para facer unha lectura histórica do presente, ollando o pasado.

“Cunha cronoloxía definida”, o século transcorrido desde a creación do pacto de Galeusca até hoxe, o encontro “convida a participar nunha mirada plural, pensada en Europa e no mundo, centrada na historia deste tempo e na historiografía de todos os tempos, mais aberta ás achegas do resto de ciencias sociais e humanas”.

Dúas liñas de traballo

O Congreso artéllase arredor de dúas liñas de traballo, co obxectivo de "reflexionar" sobre o pasado e a historiografía dos territorios e as sociedades de Galeusca: unha centrada nas propostas políticas galeuscanas ao longo deste século e outra na historia e a memoria do "pasado incómodo".

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios