Tres represións para un Seminario

O investigador mariñán Ramón Ermida Meilán explica como o proceso represivo contra o Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi desenvolvido en tres direccións. Unha primeira refírese á propia entidade, suspendida nas súas tarefas, posteriormente ilegalizada e, por último, cos seus bens e fondos incautados. Unha segunda afecta os seus socios, sexan activos ou protectores, perseguidos polas súas posicións ideolóxicas e compromisos políticos. Unha terceira concerne a súa memoria, esquecida e, aínda peor, manipulada para desfigurar os seus obxectivos, até o punto de facer pasar o colectivo como un antecedente do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), entidade creada polo franquismo dentro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), cuns fins antagónicos aos do SEG.
Vítor Casas, canda outros nacionalistas da Coruña, homenaxeando Xoán Vicente Viqueira no Cemiterio de Ouces (Bergondo). De esquerda a dereita: Vítor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro, Manuel Lugrís, Luís Somoza, Emilio González, Salvador Mosteiro, Francisco Abelaira, Bernardino Varela do Campo e Manuel María González.
photo_camera Vítor Casas, canda outros nacionalistas da Coruña, homenaxeando Xoán Vicente Viqueira no Cemiterio de Ouces (Bergondo). De esquerda a dereita: Vítor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro, Manuel Lugrís, Luís Somoza, Emilio González, Salvador Mosteiro, Francisco Abelaira, Bernardino Varela do Campo e Manuel María González (Foto: Arquivo de Elvira Varela Bao).
O golpe de Estado de dereitas do 18 de xullo de 1936 significou o final para o Seminario de Estudos Galegos. Así, en agosto dese ano rexistráronse as primeiras denuncias contra a entidade,…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios