Galiza no mapa

Galiza no mapa da raíña Sancha

Recuperamos desta volta unha cartografía promovida á altura de 1047 pola raíña Sancha I para a educación dos seus fillos. Recóllese o Iberus (actual río Ebro) como fronteira divisoria entre Gallecia, denominación do reino cristián peninsular, e Spania, área ibérica gobernada polos árabes.

43 (1)
photo_camera Un detalle do mapa.

5Recollido nunha edición das Etimoloxías de San Isidoro, cuxo orixinal foi gardado durante séculos na catedral de Zaragoza e actualmente consérvase na Biblioteca do Mosteiro do Escorial, o mapa foi promovido á volta de 1047 pola raíña Sancha I para a educación dos seus fillos, sendo elaborado por algún copista da área galega, como demostran as referencias eloxiosas ao rei Vermudo III, morto en combate contra as forzas navarro castelás.

Estamos diante dunha mostra da ampla produción bibliográfica cartográfica patrocinada pola raíña galega, da que actualmente conservamos os Comentarios ao Apocalipse do Beato de Liébana tamén de 1047, onde aparece o coñecido como o Mapa de don Fernando e dona Sancha, o Libro das Horas de Fernando I, de 1055, conservado na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, e o Libro dos Cánticos 1059, atribuído durante moito tempo erroneamente a súa filla, a raíña Urraca, e que fai parte dos fondos da Biblioteca da Universidade de Salamanca.

[Podes ler a información íntegra no número 304 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Mapas do reino
comentarios