Galiza no mapa

O reino da Galiza nun mapa italiano de 1414

O mapamundi de Pirrus de Noha é unha das cartografías de referencia da Baixa Idade Media. O traballo, elaborado na península itálica á volta de 1414, sinala Galiza como unha realidade diferenciada no ámbito peninsular, deixando clara a conciencia da existencia dun reino galego con personalidade política propia no espazo europeo.
Mapa elaborado por Pirrus de Noha en 1414. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Mapa elaborado por Pirrus de Noha en 1414. (Foto: Nós Diario)

É unha xeografía política moi precisa do mundo coñecido a comezos do século XV. O mapamundi de Pirrus de Noha é unha cartografía de 18x27, elaborada arredor de 1414 e incorporada como ilustración a unha edición da Coreografía de Pomponio Mela. A obra de Mela, escrita á volta da década dos 40 do primeiro século e redactada en tres volumes, recolle unha descrición de diversas áreas do imperio romano, signifcándose polo seu coñecemento das áreas da Hispania, Galia, Xermania, África, Asia e Arabia. O século XIV coñecerá unha redescuberta deste autor clásico que acadará unha grande difusión e infuencia ao longo de todo o Rexurdimento.

A concepción cartográfca de Pirrus de Noha estará infuída ao tempo pola obra de Ptolomeo e os portulanos da escola catalá. A produción de Ptolomeo volverá ser valorada en Occidente após a tradución de parte da súa obra ao latín en 1406, deixando pegada nalgúns dos máis importantes cartógrafos da época como Henricus Martellus ou Andrea Bianco, onde Galiza ocupou un lugar de destaque.

mapa222

Os mapas de Ptolomeo, impresionantes no seu alcance e detalle, serviron aos cartógrafos do século XV como metodoloxía para seguir mellorando os seus traballos pero tamén como punto de partida para facer as correccións necesarias nos seus traballos. Nese sentido os portulanos ofrecían unha información máis detallada para fxar os contornos das diferentes áreas costeiras e determinar as grandes liñas comerciais do momento.

Sen especulacións

O mapamundi de Pirrus de Noha tenta exclusivamente amosar o mundo coñecido sen especular sobre o que fcaba por explorar. A forma de sinalar os accidentes xeográfcos, as montañas en marrón e con dentes de serra ou os mares pintados de azuis agás o vermello, semellan as de Ptolomeo, copiando dos portulanos cataláns as contornas das costas do Báltico, Escandinavia, ou o Caspio.

A península ibérica aparece dividida en catro realidades políticas, que se corresponden con Portugalia, Ispania, Granada e Galiza, non aparecendo referenciada a área catalá. A semellanza do que vén acontecendo na práctica totalidade da cartografía ao longo de toda a Idade Media, Galiza e Ispania empréganse para designar realidades diferentes, pero a diferenza do que acontecía en séculos pasados esta xa non se utiliza para denominar a área musulmá, agora xa denominada como Granada.

A designación de Galiza como unha realidade distinta a España nesta cartografía non debe sorprendernos se temos en conta outras fontes do momento ou as decisións no mesmo sentido de organizacións internacionais, caso das ordes relixiosas. A cartografía supera tan só nunhas poucas décadas a resolución do confito político que enfrontou o noso país con Castela, naquela altura xa identifcada con España, na segunda metade do século XIV, cunha forte proxección na esfera internacional.

O mapamundi de Noha non fai máis que sinalar unha evidencia naquela altura, isto é, a consideración internacional de Galiza como un espazo político diferenciado no ámbito peninsular e a propia realidade dos reinos cristiáns na área ibérica, onde o país operaba de facto como un territorio non dependente de Castela, nos momentos previos ao reinado dos Reis Católicos.

Máis en Mapas do reino
Comentarios