Galiza no mapa

Galiza á vista de Pietro de Vesconte

A cartografía de Pietro de Vesconte, que data do ano 1311 ou do 1325, signifca para o espazo ibérico os territorios de Galitia (Galiza), Yspania, neste caso xa referido a unha parte aos reinos cristiáns, Catalunya, Aragón, Portugale e a área árabe. Trátase do mapa que marca a renovación da cartografía europea do século XIV.
A autoría do mapamundi recollido no 'Liber secretorum' de Mario Sanuto corresponde a Pietro de Vesconte.
photo_camera A autoría do mapamundi recollido no 'Liber secretorum' de Mario Sanuto corresponde a Pietro de Vesconte.

A súa versión máis completa, conservada na Biblioteca británica, atópase nunha edición do Liber secretorum de Mario Sanuto datado en 1325, porén o gráfco recollido na publicación, cunha dimensión de 50 x 34,5 centímetros, fxa a súa elaboración en 1311, o que levou aos diversos estudosos do traballo en pensar que o momento da súa feitura é aínda anterior.

A obra de Sanuto, un grande xeógrafo e viaxeiro veneciano, autor de grandes libros de viaxes, tiña o obxectivo de promover unha nova cruzada, neste caso para recuperar as vías terrestres dos venecianos cortados polo avance dos árabes, enviando copia do mesmo ao papa Xoán XXII e ao rei de Francia. Estamos diante dunha revolución na cartografía europea do momento, abrindo o camiño para posteriores traballos e introducindo as novas técnicas que marcarían a actividade nos séculos posteriores.

A autoría do mapamundi recollido no Liber secretorum de Mario Sanuto corresponde a Pietro de Vesconte, xeógrafo xenovés do século XIV instalado na República de Venecia, criador dos primeiros portolanos ou cartas náuticas que tanto infuirían na cartografía do século XIV e XV, particularmente nas súas escolas portuguesas, catalás e da península itálica, e considerado por moitos o primeiro cartógrafo profesional en asinar e datar a súa obra.

Sinalouse pola súa precisión á hora de representar as costas do Mediterráneo e do mar Negro pero tamén a das illas Británicas, documentándose nos traballos anteriores pero sobre todo nas informacións fornecidas polos mariñeiros da península itálica ou que arribaban nela. A metodoloxía introducida por Pietro de Vesconte representa unha ruptura con toda a tradición anterior, combinando os sistemas matemáticos e as novas formas terrestres dos portolanos.

A cartografía de Pietro de Vesconte signifca para o espazo ibérico os territorios de Galitia, isto é Galiza, Yspania, neste caso xa referido a unha parte aos reinos cristiáns, Catalunya, Aragón, Portugale e a área árabe. A designación de Galiza como unha realidade distinta a España nunha data tan tardía non debe sorprendernos, se temos en conta outras fontes do momento ou as decisións no mesmo sentido de organizacións internacionais, caso das ordes relixiosas.

O mapamundi de Vesconte non fai máis que sinalar unha evidencia naquela altura, isto é, a consideración internacional de Galiza como un espazo político diferenciado no ámbito peninsular e a propia realidade dos reinos cristiáns na área ibérica, onde o país operaba de facto como un territorio non dependente de Castela, malia a integración promovida por Fernando III.

O comportamento político dos núcleos reitores galegos, na segunda metade do século XIII e na centuria seguinte, certifca con absoluta rotundidade o escenario debuxado na obra de Pietro de Vesconte. Ao longo de todo este período, a alternativa dunha Galiza arredada de Castela e achegada a Portugal e ao espazo atlántico é formulada de xeito recorrente e con distintos actores, sinalándose na súa formulación e dirección a xinea dos Castro.

Se ben o deseño político preséntase xa con claridade coa proclamación de Xoán I como rei de Galiza nos anos fnais do século XIII, a proposta acada unha contundencia e unha dimensión superior, cos manexos políticos e militares liderados por Fernando de Castro e o seu continuador Xoán Andeiro.

Máis en Mapas do reino
Comentarios