Palabras con memoria: territorios

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Contorna da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba (Foto: Roteiros Galegos).
photo_camera Contorna da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba (Foto: Roteiros Galegos).

chusmiallo.- Lugar onde remanece auga.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Endl Navia de Suarna.

 murralleiro.- Montón de pedras que se fai na horta ao sacalas cando se traballa.

Lugar de escoita.- O Páramo (Lugo).

Fonte.- Suzana do Páramo.

papabello.- (Ademais de significados rexistrados) Substancia pastosa que se forma nos camiños e corredoiras pola mistura de barro, terra, etc. con auga ou calquera outro líquido.

Exemplo.- “Con tanta chuvia hai un papabello no camiño que case non se pode andar por el.”

Lugar de escoita.- Sober (Lugo).

Fonte.- Ramón Sandoval.

porcapreña.- Terreo moi húmido no que se te metes entérraste polo menos ata os xeonllos.

Lugar de escoita.- Cuntis/Sabucedo (A Estrada).

Fonte.- Marcos Seixo/ Manuel Cabada Castro.

rouseo.- Terreo circundante a unha vivenda, cortiña, eixido.

Exemplo.- “Dixo que, de mercar a casa, queríaa con rouseo.”

Lugar de escoita.- Escudeiros - Ramirás (Ourense).

Fonte.- Xoán Carlos Domínguez Alberte.

Outros apuntamentos.- A fonte aproxima rousear e dar un rouseo como termo e expresión relacionados.

Comentarios