cortil.- Planta (Phormium tenax) cujas folhas são usadas como baraça, ráfia.
Exemplo.- "Atei o saco cum cortil."
Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).
Fonte.- Ramiro Barros Justo.
folecho.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Pera de pequeno tamaño, e sempre maduro.
Lugar de escoita.- Ferrolterra.
Fonte.- Henrique Dacosta.
fréxeles.- Planta herbácea da familia das leguminosas da que se aproveita a casula coas sementes aínda verdes. Xudías.
Exemplo.- “Hoxe imos facer caldo de fréxeles.”
Lugar de escoita.- Vilademouros (O Incio).
Fonte.- María Blanca (avoa de Paula Orozco Díaz).
Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.
garabullo.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Garavanzo.
Exemplo.- “Nunca me acordades os gharabullos e non os poño na mesa.”
Lugar de escoita.- Bande.
Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.
Outros apuntamentos.- O informante indica que escoitou a palabra con gheada.
navia (1).- Variedade de uva tinta.
Lugar de escoita.- Taboada (Lugo).
Fonte.- Mariña Díaz-Castroverde Liñares.
Outros apuntamentos.- Sinala a fonte que se trata dunha tinta que ten un certo parecido coa Mencía, sendo unha variedade autóctona da Ribeira Sacra.
santiaguesa (2).- Caste de peras redondas e amarelas.
Lugar de escoita.- Miño (A Coruña).
Fonte.- José María Rodríguez Allegue. (X. Ortigueira).