arroliquín.- Bambán, arrandea, carriola.
Lugar de escoita.- O Saviñao.
Fonte.- Antonio García Losada.
balambán.- Bambán, randeeira, que se facía cunha corda atada á pola dunha árbore.
Lugar de escoita.- O Sur de Galiza.
Fonte.- C.D. Atalaia de Vigo.
castre.- No xogo das bólas, choque entre elas. Con tres seguidos, conséguese a bóla do rival.
Lugar de escoita.- A Coruña, aínda que a palabra podería ter máis expansión.
Fonte.- Xosé Luís Martínez Pereiro.
chía.- (Ademais de significados xa rexistrados) O tres da baralla de cartas.
Lugar de escoita.- Arbo.
Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.
Outros apuntamentos.- Indica o informante que se di “chiar” cando un as leva o tres.
franetes (2).- Xogo no que os xogadores poñían nun cadrado riscado no chan (que se chamaba circo) cadanseu franete (tapas superior e inferior das caixas de mistos cando eran de cartolina) e logo, por quendas, tiñan que intentar botalos fóra usando un anaco de pedra plana chamada cacho.
Lugar de escoita.- Gondomar.
Fonte.- Miguel Anxo Mouriño.
manro.- Xogo de bólas no que o obxectivo era botar fóra dun círculo que se trazaba no chan (manro) -dun palmo de diámetro aproximadamente- as bólas que cada un dos/as competidores poñía dentro del, axudándose dunha propia.
Lugar de escoita.- Lugo.
Fonte.- Henrique Harguindey.
xóuxola.- Arouxo, axóuxere, arixouxo.
Lugar de escoita.- Sto Adrán de Cobres (Vilanova do Morrazo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.